lunes, 30 de noviembre de 2009

Os Alegres, festival de música tradicional.

O vindeiro sábado 5 de Decembro Os Alegres celebran o seu setenta aniversario cun festival. O evento terá lugar ás 20,00 horas no Teatro Principal de Pontevedra e nel participarán diferentes grupos con reputada tradición na Comarca do Lérez: Picuíña, Os Chichisos, Foula, Os do Luns, Os abrentes de Cerdedo, Os Terribles de Arousa, Os Murgueiros da Xistra, Val da Maía e, por suposto, Os Alegres.

viernes, 27 de noviembre de 2009

III Certame Galego de Bandas de Música

Durante os días 27, 28 e 29 de novembro terá lugar no Auditorio de Galicia o III Certame Galego de Bandas de Música Populares, evento anual de referencia dentro do mundo das bandas populares en Galicia. En paralelo, celébrase o II Concurso de Composición para premiar as mellores obras orixinais para banda de música.

jueves, 26 de noviembre de 2009

MUSGAFOL


Nesta segunda edición do MUSGAFOL, que terá lugar o 12 de decembro no Teatro Principal de Pontevedra e dedicada ao repertorio para banda sinfónica e gaita, daranse cita algúns dos mellores gaiteiros do noso país acompañados pola Banda de Música de Pontevedra, baixo a batuta do director convidado X. L. Represas, gravando ao vivo, o primeiro CD monográfico deste repertorio, que marcará un fito na historia do noso instrumento.
Para máis información visitar: www.gaiteirosgalegos.com

martes, 10 de noviembre de 2009

O gaiteiro galego Edelmiro e o asturiano Guillermo improvisando en Lorient 2007.

Edelmiro Fernández


Edelmiro Fernández

- Diplomado en Educación Musical pola Facultade de CC. da Educación de Santiago de Compostela.
- Gaiteiro solista e compositor para gaita.
- Mestre de gaita no "Conservatorio de Música Tradicional e Folque" de Lalín (Pontevedra).
- Director e mestre de gaita e percusión das Bandas de Gaitas:
"O Son do Sor" de O Barqueiro (A Coruña) e "Cacharela" de Covas (Viveiro-Lugo).
- Xuíz diplomado en Interpretación e Afinación.