jueves, 10 de diciembre de 2009

VI Día do Orgullo Gaiteiro

Os vindeiros dias 11 e 12 de decembro de 2009 celebrarase a VI edición desta festa de homenaxe e música con presenza de importantes protagonistas do noso folklore. Haberá unha homenaxe á musicóloga Dorothé Schubarth e ao filólogo Antón Santamarina así coma o gaiteiro Faustino L.Seoane. Actuarán Xavier Blanco e Os Muiños de Oliveira. Haberá cea a e foliada ao remate.

jueves, 3 de diciembre de 2009

SERÁN NA SALA NASA


Este xoves 3 de Decembro, continúan os Seráns da Sala Nasa coa novidade deste ano, “Obradoiro de iniciación ós seráns” que se desenvolverá a partir das 21.30h, dirixido por Montse Rivera.
E para os demais bailadores e bailadoras espallados por Galiza adiante, unha vez rematado este tempo de aprendizaxe, comezará a gran festa.
Os grupos que van poñer a música son:

1. Regueifa de Bembibre
2. Charanga e Pandereteiras de Vai de Roda
3. Os Folerpas

Patrocinado pola Concellería de Culturade Santiago de Compostela.